Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Ribeira adxudica a pavimentación e renovación de servizos na rúaPortugal


O Concello de Ribeira adxudicou a pavimentación e renovación de servizos na rúa Portugal, en Ribeira, cun orzamento de 37.371,12 euros e un prazo de execución de 4 meses. Este investimento inclúese no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+ 2023”.

Esta rúa presenta un pavimento moi deteriorado e non existe rede separativa de alcantarillado, polo que se proxecta a renovación completa do firme da rúa mediante a pavimentación e a instalación dunha rede de saneamento e recollida de augas pluviais.

A pavimentación e a renovación da rede de saneamento e pluviais son actuacións fundamentais en infraestruturas urbanas que melloran a seguridade, a funcionalidade das infraestruturas urbanas e a calidade de vida da veciñanza.